miércoles, 25 de diciembre de 2013

OLLO COS LIBROS INFANTILES CON ESTEREOTIPOS SEXISTAS

Na mañá en que nenos e nenas abren regalos entre os que atopamos videoxogos, bonecas, xogos diversos e tamén en moitos casos libros, déixovos un artigo no que se alerta sobre o coidado necesario á hora de seleccionar as lecturas dos nosos pequenos e pequenas porque podemos atopar libros cheos de estereotipos sexistas e que non respetan a igualdade entre homes e mulleres.

martes, 29 de octubre de 2013

NO WOMAN, NO DRIVE

En clave satírica, e a ritmo de No woman, no drive que non é máis que o No woman no cry que cantaba Bob Marley tres homes saudíes saen a dar a cara en clave de humor polas mulleres deste país, anclado no pasado e no que persiste a desigualdade das mulleres fronte aos homes. O vídeo está dando a volta o mundo grazas a Internet, que vos parece?

CARTEIS PARA O CENTRO NO MES DE NOVEMBRO

miércoles, 23 de octubre de 2013

domingo, 28 de abril de 2013

FORO GALEGO DE IGUALDADE (Santiago de Compostela 2013)




Esta fin de semana estiven en Santiago de Compostela no Foro Galego de Educación en Igualdade. Como novidade con respecto a outros iniciativas, este ano estivo centrado na masculinidade. Precisamos construir novas masculinidades se queremos conseguir unha igualdade real.




Ata o momento a maioría das iniciativas están centradas en que muller teña as mesmas posibilidades no mundo formativo e laboral, na prevención e denuncia das situacións de violencia de xénero, na liberdade e autonomía da muller, etc.
Pero esquecemos que eles, os homes, os rapaces,... teñen que asumir responsabilidades. É cuestión de xustiza; a muller non pode entrar no mundo laboral pero seguir asumindo o mundo doméstico.


Tampouco podemos esquecer a falta dunha formación para os coidados e labores que implican o ámbito doméstico; nin esquecer a necesidade dunha educación emocional, que desenvolva habilidades como a empatía.

Aquí vos deixo unha serie de imaxes que serven para a reflexón sobre parte dos contidos traballados ao longo do Foro.











martes, 5 de marzo de 2013

DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2013 NO MEU COLE, O CPI UXIONOVONEIRA DE PEDRAFITA



Con motivo do Día Internacional da Muller este ano decidimos facer unha homenaxe ás mulleres deportistas, especialmente aquelas que chegaron ás Olimpíadas, despois de que este pasado verán as deportistas españolas gañaran 11 das 17 medallas para España.
Coa colaboración do alumnado de 2º da ESO que cursa á alternativa ao Francés (Laura, Luis e Lucía) gravamos un pequeno vídeo onde se narra a historia da muller e o deporte dende as antigas civilizacións. Aquí tedes o resultado: 


O centro quedou ambientado con información desta temática, aquí podedes acceder e descargar os carteis:


Ademais, en colaboración coa Profesora de Lingua Galega en ESO, os rapaces e rapazas fixeron parte dos carteis coas biografías das 11 medallistas españolas de Londres 2012.
Con toda esta información tanto os alumnos e alumnas de ESO coma de Primaria participan nunha CARREIRA DE ORIENTACIÓN por todas as instalacións do centro seguindo un plano onde se indican as diferentes estacións polas que teñen que ir pasando e nas que hai unha proba que pasar: unha pregunta sobre a temática deste ano para o 8 de Marzo. Ao final da carreira cada un/unha das participantes recibe unha medalla pola súa colaboración.

Cos pequenos de Infantil introdúcese o tema das Olimpíadas co seguinte vídeo:



Despois falamos sobre quen participa, que deportes hai, en cales hai homes e mulleres, etc.; traballamos co LIM da entrada anterior na Pizarra Dixital e rematamos cunhas pequenas probas  olímpicas para todos e todas os nenos e nenas de Infantil, que se levarán tamén unha medalla pola súa participación.


EnREDate sen machismo

LIÑA DE AXUDA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Bullying Maltrato entre alumnos

Bullying Maltrato entre alumnos
Recursos para comprender o fenómeno, propostas didácticas e orientacións para traballar dende a escola, así como guías e consellos tamén para os pais

WEBQUEST PARA O 3º CICLO E ESO SOBRE O BULLYING

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR
Páxina con material para traballar a integración de persoas con discapacidade, estranxeiros, para traballar valores como a igualdade de xénero, a paz e non violencia, a solidaridade e a cooperación, etc. Pódense descargar vídeos con cancións sobre os diferentes temas.

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS
Risco volcánico, risco sísmico, risco de incendios e risco nueclear

Materiais para traballar a igualdade. Contos "El misterio el chocolate en la nevera"

EDUCACIÓN SEXUAL. Material para Educación Infantil

Web de recursos para a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero

PAXINA DE COEDUCACIÓN da Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica