domingo, 29 de abril de 2012

XIII FORO DE EDUCACIÓN EN IGUALDADE

Os días 27 e 28 deste mes tivo lugar na EGAP de Santiago de Compostela o XIII FOro de Educación en Igualdade. Quero empezar destacando que hai unha serie de datos que resultan alarmantes e que precisan dunha intervención. É preocupante que o 80% das condutas contrarias á convivencia sexan protagonizadas por rapaces (o modelo feminino adaptase mellor ao tipo de sistema educativo que temos) e os resultados académicos son moito mellores en rapazas ca en rapaces. Detrás de todo esto está o modelo DOMINIO-SUMISIÓN que leva a que siga existinto o machismo a día de hoxe. O proceso para eliminalo é coñecelo -> desvelalo -> denuncialo -> cambialo Tamén debemos actúar ante datos que revelan as enquisas dalgúns centros nos que destacan datos como que: - Un tercio dos rapaces pensa que as tarefas da casa son cousa de mulleres. - O 30% das rapazas e case o 50% do rapaces pensan que as tarefas relacionadas co coidado son cousa delas. - o 25% das rapazas só sinten seguridade en parella. - O 30% non cren que falta de agarimo é unha forma de maltrato. - Un 25% das rapazas cren que que é normal que os rapaces obriguen ás rapazas a manter relacións sexuais. Precisamos poñer en marcha accións e proxectos coeducativos que permitan ás novas xeneracións, tanto rapaces como rapazas, coller o mellor do modelo masculino e do feminino para conseguir un desenvolvemento completo e integral, non coma ocorre no tradicional proceso de socialización. Trátase de educar admitindo que entre nenos e nenas hai diferenzas e semellanzas como seres humanos que son, pero sen sesgos de xénero. Esto esixe actuar sobre os planos: - Cognitivo: superar a invisibilidade do feminino, coñecer as causas para loitar contra elas,.. - Afectivo: reflexionar sobre os modelos de referencia que teñen rapaces e rapazas, sobre os axentes de socialización ante os que están expostos,... - Conductual: Darlles alternativas funcionais para que non sigan repetindo os tradicionais porque lles funcionan.

EnREDate sen machismo

LIÑA DE AXUDA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Bullying Maltrato entre alumnos

Bullying Maltrato entre alumnos
Recursos para comprender o fenómeno, propostas didácticas e orientacións para traballar dende a escola, así como guías e consellos tamén para os pais

WEBQUEST PARA O 3º CICLO E ESO SOBRE O BULLYING

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR
Páxina con material para traballar a integración de persoas con discapacidade, estranxeiros, para traballar valores como a igualdade de xénero, a paz e non violencia, a solidaridade e a cooperación, etc. Pódense descargar vídeos con cancións sobre os diferentes temas.

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS
Risco volcánico, risco sísmico, risco de incendios e risco nueclear

Materiais para traballar a igualdade. Contos "El misterio el chocolate en la nevera"

EDUCACIÓN SEXUAL. Material para Educación Infantil

Web de recursos para a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero

PAXINA DE COEDUCACIÓN da Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica