domingo, 4 de marzo de 2012

II XORNADAS EDUCANDO NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA

Este ano centradas en repensar a educación entre os 6 e os 12 anos, as xornadas organizadas pola Fundación Preescolar na Casa e a Fundación SM inicáronse este sábado 3 de marzo na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.
Quero destacar a necesidade que nos recordou Elisa Cano de proporcionar EXPERIENCIAS CRISTALIZANTES é dicir, de potenciar o bo que todo neno ou nena ten, en lugar de estar destacando sempre o que fixo mal. Eu nótoo moito nas clases de reforzo educativo, nenos e nenas que se despreocupan da letra, da presentación, da ortografía, etc. unha vez que lles resaltas unhas cantas veces que fixo unha boa letra, ou que hoxe a presentación está moi ben, etc. empezan a amosar maior preocupación por estes aspectos.
Recomendounos o libro "Pomelo crece" da editorial Kókinos, co que podemos traballar o que sinten os nenos e nenas no seu proceso de crecemento.

Unha das mestras do CEIP Martinell de Ripollet en Barcelona destacou a importancia de poñerse no lugar do neno ou nena cando se trata de educar, hai que saber cómo pensa, como sinte, como aprende,... Sempre nos centramos en que os nenos e nenas nos miren e temos tamén que mirar aos nenos e nenas. Destacou a necesidade de que para educar aos nosos nenos e nenas esixénse profesores e profesoras comprometidas coa creación dunha escola da ledicia, creada dende o respecto e onde cada un aprende ao seu ritmo e na que se dá resposta ás súas necesidades.

Pola tarde Begoña Ibarrola falounos da Educación Emocional e da necesidade urxente de que forme parte do currículum que se traballa na escola, porque dende a escola non estamos dando ferramentas para afrontar situacións difíciles, para xestionar as súas emocións, coñecer as súas cualidades e as súas debilidades,... Unha educación emocional é necesaria para unha educación integral. Xa Platón dixo que "A disponibilidade emocional do alumno determina as súas habilidades para aprender". Un alumno/a non aprende senón quere aprender (automotivación) por moito que fagamos. Nunha escola na que as emocións e a afectividade quedan fóra, os nenos e nenas acaban sentindo que no colexio son alumnos e alumnas, non persoas, porque as persoas sinten, emociónantes, amosan afecto,... e nas escolas quedan fóra para deixar máis espazo aos contidos académicos.

EnREDate sen machismo

LIÑA DE AXUDA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Bullying Maltrato entre alumnos

Bullying Maltrato entre alumnos
Recursos para comprender o fenómeno, propostas didácticas e orientacións para traballar dende a escola, así como guías e consellos tamén para os pais

WEBQUEST PARA O 3º CICLO E ESO SOBRE O BULLYING

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR
Páxina con material para traballar a integración de persoas con discapacidade, estranxeiros, para traballar valores como a igualdade de xénero, a paz e non violencia, a solidaridade e a cooperación, etc. Pódense descargar vídeos con cancións sobre os diferentes temas.

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS
Risco volcánico, risco sísmico, risco de incendios e risco nueclear

Materiais para traballar a igualdade. Contos "El misterio el chocolate en la nevera"

EDUCACIÓN SEXUAL. Material para Educación Infantil

Web de recursos para a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero

PAXINA DE COEDUCACIÓN da Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica